CRTVG

Buscar

Condenado a dous anos de cadea un pontevedrés que foi ao hospital cun infarto e levaba droga no ano

Publicado o 07/08/2020 10:56

Acudiu a urxencias cunha parada cardiorrespiratoria a acabaron atopándolle máis de trinta e dous gramos de diversas drogas repartidas en tres preservativos no interior do ano.

O home, un pontevedrés de 47 anos, acaba de ser condenado a dous anos de cárcere nunha sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra. O home terá que facer fronte ademais a unha multa de dous mil novecentos euros.

A sentenza, que xa é firme, dá por sentado que todas as sustancias que o home portaba no corpo eran para traficar con elas.

Noticias web

07/08/2020