CRTVG

Buscar

Cociñeiros con máis de 30 estrelas Michelin participarán en Negreira nun evento que une Camiño e solidariedade

Publicado o 20/07/2020 17:04

O 10 de agosto, en Negreira, os cociñeiros máis afamados de toda España citaranse nun acto solidario. Trátase de recadar fondos para a acción social de Cáritas coas persoas máis afectadas pola crise. O acto de degustación estará organizado por Casa Barqueiro, e os que queiran poderán achegarse ata Negreira para degustar os mellores pratos e colaborar cos máis necesitados.
O conselleiro de Cultura aproveitou para lembrarnos que a recuperación do turismo é cousa de todos.

Noticias web

20/07/2020