CRTVG

Buscar

Cociñas á vista, un proxecto para poñer en valor a gastronomía e a pesca da Costa da Morte e da ría de Muros e Noia

Publicado o 03/08/2020 16:02

A través dun vídeo, que hoxe se presentaba en Fisterra, os comensais que acudan aos 17 restaurantes adheridos ao proxecto de quilómetro cero da costa da Morte e da ría de Muros e Noia poderán coñecer como o produto que van comer chega ata a súa mesa.

Os clientes van coñecer todo o proceso "desde como se pesca ata como se cociña o peixe", dinos o cociñeiro Toño González.

O obxectivo é dar confianza e seguridade aos comensais, que saben así que os produtos que consomen son da zona e proceden de pesca sostible. O proxecto vén con intención de quedar no futuro.

'Cociñas á vista' é un proxecto do GALP, unha asociación implicada ao sector pesqueiro de boa parte da Costa da Morte e da ría de Muros e Noia.

Noticias web

03/08/2020