A Revista
Cociñan pratos populares turcos en miniatura para promover a cociña do seu país
Publicado o 12/04/2018 12:54
Presentámoslles a minicociña turca. Un proxecto innovador e saboroso co que unha parella moi creativa quere promover a rica cultura gastronómica do seu país.
Crearon unha pequena cociña en que todo funciona e puxéronse a facer receitas. Cada vídeo que publicaron fíxose viral nas redes sociais. As miniversións de pratos disque saben igualiño que feitos na casa a tamaño normal. O certo é que non lles falta de nada... usan forno, grella, coitelos e todo tipo de utensilios.