CRTVG

Buscar

Cociñamos na Festa do Marisco do Grove os descoñecidos do mar

Publicado o 11/10/2018 21:38

Como sacarlle partido a produtos que nun principio non se nos ocorrería cociñar? Ese é o propósito dunha iniciativa que hoxe se deselvolveu na Feira do Marisco do Grove: 'A cociña do mar'.

Hoxe asistimos aquí a unha mostra de cociña en vivo con produtos que moitos de nós non coñeciamos e que se capturan aquí mesmo, a poucos metros deste porto do Grove. Falamos de peixes como o muxo que é moi parecido á robaliza en aspecto e en sabor pero que apenas se consume en Galicia. Tamén de algas, de herbas de mar, incluso de mariscos que case nunca chegan ás nosas mesas.

Parecen berberechos grandes, pero son carneiros. Poden prepararse como ameixas e o seu sabor é estupendo. Este e outros produtos do mar pouco coñecidos foron os protagonistas este xoves da Festa do Marisco do Grove.

Ademais da cebola e viño branco, a estes carneiros botáronlles unha alga que aquí chaman ramallo. A idea é tan boa que moitos cociñeiros da zona xa a están usando en moitos pratos.

Nestas xornadas da cociña do mar tamén se preparou muxo e almendras de mar, produtos que xa trunfan noutros países pero que seguen sendo grandes descoñecidos nas nosas cociñas.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018