CRTVG

Buscar

Detido cando trataba de introducir cocaína baixo a perruca

Publicado o 16/07/2019 20:59

Vexan de que maneira trataba de introducir droga en España un cidadán Colombiano. Ocultaba máis de medio quilo de cocaína debaixo dunha perruca cando o interceptou a Policía Nacional no aeroporto do Prat, en Barcelona. Aos axentes chamoulles a atención o seu estado de nerviosismo e, sobre todo, o tamaño da súa cabeza. Descubriron que levaba o paquete coa droga pegado á calva baixo a perruca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019