CRTVG

Buscar

Coalición Canaria multa con 1.000 euros a Oramas por non absterse na investidura

Publicado o 13/01/2020 20:14
Coalición Canaria multa con 1.000 euros a Oramas por non absterse na investidura

O comité permanente de Coalición Canaria decidiu non abrir expediente á deputada de CC, Ana Oramas, por non respectar a instrución do seu partido de absterse na investidura de Pedro Sánchez pero impúxolle unha sanción de 1.000 euros.

O secretario xeral de Coalición Canaria, José Miguel Barragán, dixo aos xornalistas que, tras escoitar a Oramas, este órgano decidiu aplicar a máxima sanción recollida no réxime sancionador do grupo nacionalista no Parlamento de Canarias.

Ademais, Oramas debe comprometerse a que non volverá desatender as instrucións do seu partido e comparecerá ante o Consello Político de CC para dar explicacións e responder cuestións dos seus membros.

Para Barragán, coa imposición desta sanción e a elevación a outros órganos da proposta "queda resolto" este conflito por parte do Comité Permanente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí