CRTVG

Buscar

Coa volta ao traballo aumenta a demanda de coidadores de nenos e de persoas maiores

Publicado o 28/05/2020 16:17

O teléfono bota fume nesta empresa de coidadores. Os pais xa non piden canguros para a fin de semana, precisan coidadores en horario laboral, profesionais aos que confiar o coidado de nenos e maiores, a falta doutra opción de conciliación.

Para evitar contaxios, non é recomendable que as familias contraten os avós. Así que piden algo parecido, persoas responsables que coiden e xoguen cos nenos mentres eles non están.

E, sobre todo, o que lles piden é flexibilidade porque as necesidades cambian cada día e o horizonte está cheo de incertezas nestes tempos de pandemia.

Noticias web

28/05/2020