Coa praza case baleira, celebrouse o mercado de Ponteareas
Publicado o 14/05/2020 14:01
Coa praza case baleira, así se celebrou este xoves o mercado de Ponteareas. Nel atopamos sobre todo froitas e verduras, algo moi apreciado polos habituais a este tipo de citas en que se vende sobre todo produto fresco e de proximidade.
Vendedores e compradores desexaban xa reencontrarse despois de case dous meses de inactividade.
Malia a apertura, moitos teñen aínda certo temor e actúan con toda precaución e cautela.
Nótase a falta dos postos de roupa, un gran reclamo destas feiras. Polo de agora só están acudindo vinte dos cento trinta e catro feirantes habituais. O sábado a afluencia é maior.