CRTVG

Buscar

Coa peonalización da rúa Nova recupéranse 1.500 metros cadrados para os coruñeses

Publicado o 31/05/2021 14:13

Tras o cambio de sinais, a rúa Nova, que conecta Os Cantóns coa rúa do Santó André, xa é peonil. Só se permitirá a entrada de vehículos de carga e descarga en horario de seis ás once da mañá, con sentido de circulación contrario ao que había ata hoxe.

Tamén hai cambios nos Cantóns. Agora o tráfico de vehículos ocupa só os dous carrís de entrada á cidade, un en cada dirección. Os carrís de saída son zona peonil. Os comerciantes falan de incerteza.

Desde o Goberno local explican que este proxecto enmárcase dentro das actuacións para mellorar a mobilidade e a accesibilidade.

Noticias web

31/05/2021