CRTVG

Buscar

Coa nova normativa do pan, só se poderá vender como integral o elaborado unicamente con fariña 100% integral

Publicado o 01/07/2019 18:40

A nova normativa do pan supón unha serie de cambios nos criterios para a súa elaboración e comercialización. A partir de agora, o pan integral só fará referencia ao que conteña un cento por cento de fariña integral. Ademais, ao igual que ocorre co pan sen sal, o seu IVE baixa dun 10 a un 4 por cento. Segundo expuxo o nutricionista Juan Revenga na Cátedra do Pan e do Cereal que organiza o Campus de Lugo, espérase que coa nova norma mellore a calidade deste produto. Juan Revenga, nutricionista: "Accédese a un pan de verdade integral que, ao mesmo tempo, entra na definición de pan común. É dicir, pasa de ter un IVE reducido a un superreducido. O único que o tiña anteriormente era o pan branco. E logo o que me parece máis interesante é concreción de determinadas denominacións que lle viñan facendo ao pan no punto de venda, como pan de leña, de masa fermentada ou pan artesán. Todas estas cuestións quedan moito mellor definidas."

Pola súa riqueza en fibra, os nutricionistas recomendan en xeral o consumo de pan integral fronte a outras variedades. E, en calquera caso, o pan débese consumir con moderación debido aos seus altos valores en hidratos de carbono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019