Coa máscara por medo á variante delta, a gromos masivos e a non estarmos inmunizados
Publicado o 27/06/2021 14:34
Coa poboación menor dos cincuenta anos aínda non inmunizada, maiormente cunha soa dose da vacina, e polo medo á agresividade das variantes recentes da covid−19, como a variante delta, este segundo día sen a obrigatoriedade do uso da máscara no exterior segue sendo como o primeiro da nova norma. A maioría dos cidadáns galegos seguen optando pola protección que dá.
Aínda que a nova norma a respecto do uso da máscara non fai distincións entre o ámbito rural e o urbano, a maioría das personas si teñen claro que quitar a máscara ao aire libre dunha cidade é precipitado.
Porque o medo aluma, moitos son os que nos contan que agardarán a ver a evolución da pandemia para destaparse.