CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Coa chegada da primavera aumenta o número de animais abandonados

Publicado o 13/04/2017 21:32


Coas vacacións da Semana Santa, aumenta o abandono de animais de compañía. É un problema que parece que non ten remedio, e que se ve agravado por algo tan natural como a entrada en celo das cadelas e gatas. Demasiada xente prescinde dos seus animais cando chega ese momento.

O celo das gatas e tamén das cadelas ten lugar con maior intensidade na primavera. Neste centro de acollida de Cambados, traballan cunha chea de cans que foron deixados na rúa e algúns deles chegaron ao refuxio en moi mal estado, desnutridos e cheos de feridas.

"En decembro entrou Candi, que a abandonaron no monte e entroume polos ollos e namoreime dela, estou súper contenta". "Entrou moi mal chea de carrachos, chea de pulgas e namoreime dela"

Tanto a directora como os voluntarios do centro aseguran que a labor de conciencia social é imprescindible, e tamén un proceso moi lento. Dende o refuxio intentan facer ver a responsabilidade que require encargarse dunha mascota e de todos os coidados dos que precisan.

"É moi importante a colaboración cidadá, a solidariedade, é moi importante adoptar , pero adoptar con cabeza, con responsabilidade. Eu non obligo a nadie a vir a recoller un can ou un gato, pido que se trate dignamente". "Van aos colexios a dar charlas, fan terapias asistidas, pero é un proceso moi lento o de concienciar ás persoas".

Sen dúbida, dende este centro levan a cabo unha acción moi importante pero mudar esta realidades é tarefa de todos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/04/2017