CRTVG

Buscar

Coa apertura do belén de Baltar comeza o tempo de Nadal en Ourense

Publicado o 18/12/2020 21:59

A primeira escena, o nacemento, ten máis de medio século. Dende aquela o belén foi medrando ano tras ano ata chegar as 500 pezas, todas en barro cocido.
É unha recreación do rural ourensán de antano.

O escultor Arturo Baltar, falecido hai tres anos, é o autor destas obras de arte que conforman un belén único no país. Fan falta horas para apreciar os detalles de cada escena, coma esta da Esmorga.

Este ano coa covid non puido inaugurarse por todo o alto coma sempre, pero coa apertura das súas portas comeza na cidade o tempo de Nadal, e nótase nas rúas, cheas xente e de luces.

Ambiente navideño que se non fose polas máscaras case podemos esquecer que estamos nunha pandemia.

Noticias web

18/12/2020