Coa apertura de fronteiras os aeroportos españois reciben 100 voos do espazo Schengen
Ás 9:10 da mañá deste domingo xa chegaran ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas voos procedentes da UE e do espazo Schengen, tras tres meses de estado de alarma: viñan de París e de Milán, con medidas de seguridade.
Moitos aproveitaban tamén este primeiro día de voos e de apertura de fronteiras para regresar aos lugares onde deixaron unha vida temporalmente en pausa.
En toda esta xornada os aeroportos españois recibirán un total de 100 voos procedentes de UE e o espazo Schengen. Outros 225 serán voos domésticos. Segundo AENA, entre saídas e chegadas haberá unhas 650 operacións.
Para garantir a seguridade acordáronse medidas aprobadas pola Axencia Europea de Seguridade Aérea e baixo a supervisión do Centro Europeo de Prevención de enfermidades.
Establecéronse tres controis: un de temperatura con cámaras termográficas, un formulario con información para poder localizar o pasaxeiro e no que se lle pregunta se estivo en contacto co virus e un exame visual. Se algún viaxeiro non pasa algún deses filtros, Sanidade Exterior realizaralle un exame médico e se fose necesaria unha proba PCR
A partir do 1 de xullo iranse incorporando paulatinamente outros voos con orixe en países non europeos