CRTVG

Buscar

Co Xoves de Compadres arrincan os días grandes do Entroido

Publicado o 13/02/2020 14:27

Antes de nada, lección número un. Para elas e para eles. "Hoxe como é o Xoves de Compadres, os nenos teñen que intentar rompernos os mecos e nós evitalo", di unha das participantes.

E como toca correr, e moito, elas para protexer os seus compadres e eles para esnaquizalos, hoxe é imprescindible un bo quecemento.

Quecemento feito, compadres preparados e as gorxas a punto.

E tras os nervios da conta atrás, chega por fin a carreira.

O resultado salta á vista, apenas hai compadres que sobrevivan á loita.

Para a semana será o Xoves de Comadres, xa metidos de cheo nos días grandes do Entroido, as mulleres tomarán o mando.

 

Noticias web

13/02/2020