CRTVG

Buscar

Co repenique das campás comeza a procesión da Burriquiña en Viveiro

Publicado o 14/04/2019 16:19

Co repenique das campás comeza a procesión da Burriquiña en Viveiro, que parte da igrexa de San Francisco cara á praza Maior, para a bendición de ramos. É unha das máis populares e apreciadas por viveirenses e visitantes. Coa vista posta no ceo, por se a chuvia impedise a saída da procesión, agardan os curiosos para ver o paso da Entrada de Xesús en Xerusalén.

Os nenos son os protagonistas desta procesión do Domingo de Ramos. Moitos que comezaron de pequenos regresan agora cos fillos. Unha tradición que se mantén e que cada ano enche Viveiro con miles de visitantes que acoden atraídos por esta Semana Santa declarada de interese turístico internacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019