CRTVG

Buscar

Co macrofestival de orquestras, Mondoñedo vai vivir a festa máis longa de Galicia

Publicado o 01/04/2019 16:13

A festa máis longa de Galicia vaise vivir esta fin de semana en Mondoñedo. Nada menos que 40 orquestras van tocar por quendas e de xeito ininterrompido dende a noite do venres ata a do domingo.

6.000 actuacións tiveron o pasado ano as orquestras galegas nas diferentes festas patronais. Nunha soa fin de semana, houbo ata 200. Esta profusión de verbenas fixo que a Asociación Galega de Orquestras vaia solicitar á Xunta de Galicia que as patronais sexan declaradas Patrimonio Cultural Inmaterial. Lembran que, ademais de cartos, conseguen que as aldeas se volvan encher neses días, potencian o turismo e manteñen vivas as tradicións. Os promotores xa prepararon un informe para xustificar a súa solicitude. Ademais, esta fin de semana 40 orquestras van tocar durante 48 horas seguidas na Alameda de Mondoñedo para apoiar unha causa que tamén colta co apoio da alcaldesa mindoniense.

Durante os concertos de Mondoñedo vanse recoller sinaturas para apoiar a solicitude ante Patrimonio.



 

Noticias web

01/04/2019