CRTVG

Buscar

Finalizan as probas da ABAU; o 17 de xuño os estudantes coñecerán as notas

Publicado o 10/06/2021 14:27

Malia ser xa a terceira e última xornada, a primeira hora o ambiente de nervios e repaso mantívose. É o último esforzo despois dun ano atípico e complexo.

Foron 3 días de moita presión, pero en xeral, din, máis sinxelo do esperado. Arriscan nestas probas o 40 % da nota para acadar a súa particular meta.

E tras o último exame chegan o alivio e a felicidade. O vindeiro 17 de xuño coñecerán os resultados das probas.

Noticias web

10/06/2021