CRTVG

Buscar

Co confinamento aumenta o risco de violencia de xénero

Publicado o 20/03/2020 21:56

Teléfono de atención ás vítimas: 016

Unha semana de confinamento. Sabemos que van ser máis. Sabémolo todos e sábeno elas, as que entre millóns de persoas confinadas nas súas casas, son as que están confinadas cos seus agresores. Asegúrannos as expertas que a violencia machista pode aumentar na corentena.

O medo non axuda. O medo paraliza. É difícil non ter medo, pero cómpre detectar o primeiro sinal e tomar medidas. Si, medidas que se poden adoptar desde a casa.

Por teléfono ou pola Rede. O apoio non dorme, o institucional e os grupos de apoio mutuo, algúns deles naceron estes días auspiciados pola cidadanía e o feminismo.

Na cidade ou no campo, non "estades soas", esa é a mensaxe que non deixan de lembrarnos por moito que ata a rúa pareza que está soa. Nunca estamos soas e sempre e as 24 horas no 016, no teléfono da muller para Galicia 900 400 273 ou no 900 100 009, asociación de axuda a mulleres.



 

Noticias web

20/03/2020