CRTVG

Buscar

En Ortigueira, acaba de pechar o bar máis antigo da vila, con 72 anos de historia

Publicado o 11/01/2019 16:14

En Ortigueira, acaba de pechar o bar máis antigo da vila, con 72 anos de historia. Os veciños recórdano agora con nostalxia.

Temos que retroceder ata o ano 1947 para falar do Café-Bar Ciclón, emblema de Ortigueira para os seus veciños, arestora pechado despois de 72 anos de actividade dende os seus inicios como tenda de comestibles.

Rafael: "Chegou un momento en que só había esta cafetería. Logo posteriormente xa abriu esta, pero nos anos 70 era a única que había. Aquí non quedaba, se non ti baixabas e ías ao Ciclón, e sempre había xente que coñecías".

Exemplos coma este son cada vez máis habituais nas vilas e aldeas pequenas para pesar dos seus habitantes, os cales recordan con nostalxia tempos pasados e lamentan o seu abandono e deterioración.

Os veciños comentan:
"E que á xente parécelle que con ir para fóra e só vir en vacacións que vai a resistir, e non. Naqueles momentos tiñas máis os pés na terra e na localidade porque intentabas ver posibilidades de futuro e hoxe eu creo que a xente non ten ánimos porque ve que as expectativas non están postas aquí senón que hai que poñelas fóra".

Polo de agora, carteis coma estes seguen a cubrir fachadas como a do Ciclón, coa esperanza de que alguén continúe facendo historia.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019