Co Gatañal ao 80 %, o Cangas sumou a súa segunda vitoria ante o Granollers
Publicado o 02/10/2021 20:37
No balonmán, o Frigoríficos do Morrazo sumou esta tarde a segunda vitoria consecutiva.
Impúxose no Gatañal, que xa contou co 80 % da ocupación, diante do Granollers. Logo dun inicio igualado, os cangueses fuxiron no marcador ata o 16-9 ao descanso. Despois administraron a renda para acabar gañando por 26 a 20, co que suman xa cinco puntos.