CRTVG

Buscar

Renfe habilita autobuses entre Ourense e Zamora para os usuarios do tren

Publicado o 03/06/2020 09:09

• O traxecto realizarase en autobús ata que se retiren os restos do convoi sinistrado

 

Os trens entre Galicia e Madrid continúan operando, pero o traxecto entre Ourense e Zamora realizarase en autobús mentres non rematen os traballos de retirada do convoi accidentado onte en La Hiniesta (Zamora).

Deste xeito, os viaxeiros procedentes de Galicia que utilicen esta liña terán que apearse na estación de Ourense e continuar traxecto por estrada para volver subir ao tren na estación de Zamora. 

Con todo, Renfe considera habilitar vías alternativas porque os traballos para retirar os restos do convoi prevense longos. Preto do lugar do accidente hai unha base da empresa ferroviaria onde se poderían montar vías alternativas.

 

Noticias web

03/06/2020