CRTVG

Buscar

79 falecidos e 3.476 contaxiados con coronavirus en Galicia

Publicado o 30/03/2020 13:58

• 134 pacientes permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio

• Realizáronse máis de 16.000 probas e déronse 168 altas hospitalarias

A cifra de falecementos relacionados co coronavirus en Galicia ascende a 79 persoas, e rexistráronse ata o de agora 3.476 contaxios, segundo os últimos datos que acaba de facer públicos o Sergas.

Respecto dos casos positivos, 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes.

Os últimos falecementos corresponden a unha muller, de 86 anos, e dous homes, de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O número de PCR realizadas é de 16.118.