CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Clotilde Fernández levou a electricidade á súa vila cando as mulleres non tiñan dereito ao voto

Publicado o 08/03/2018 20:51


Imos baixar ao detalle da vida de grandes galegas. Clotilde Fernández foi unha loitadora. Fundou unha compañía eléctrica e levou luz á súa vila, Ponte Caldelas, cando nin sequera tiña dereito ao voto. A pesar diso, o seu nome quedou no anonimato. Hoxe lembramos a figura dunha muller que reivindicou e exerceu a igualdade a pesar dos obstáculos.

Mamá Clotilde mandou facer esta casa estilo indiano a pesar de que nunca estivo en América. Era unha innovadora e gustáballe todo o moderno.
A auga do río Verdugo, que ata ese momento servía para moer gran, pasou a producir enerxía eléctrica. Era 1906 e Ponte Caldelas tiña luz grazas a unha muller.
Mamá Clotilde dirixía un aserradoiro, unha empresa eléctrica e unha casa con 10 fillos cando as mulleres nin sequera tiñan o dereito ao voto. Todo, co apoio incondicional do seu home.
A empresa os Muíños segue subministrando hoxe electricidade a Ponte Caldelas. A súa filial Áurea Telecom ten telefonía fixa, móbil e Internet por fibra óptica. Hoxe en día é a única operadora de telecomunicacións integramente galega. E diríxea tamén unha muller. A bisneta de Mamá Clotilde.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/03/2018