CRTVG

Buscar

Clément Champoussin gaña a vixésima etapa da Vuelta

Publicado o 04/09/2021 17:55
Roglic mantén o liderado antes da fin de festa de mañá en Santiago de Compostela
Clément Champoussin gaña a vixésima etapa da Vuelta

Clément Champoussin gañou a vixésima etapa da Vuelta. Unha etapa deseñada por Óscar Pereiro. 202 quilómetros de percorrido entre Sanxenxo e Mos. O francés completou o percorrido en 5 horas, 21 minutos e 50 segundos.

Roglic foi segundo e mantén o liderado antes da fin de festa de mañá en Santiago de Compostela.

Miguel Ángel López abandonou a proba despois do conflicto co seu equipo e ameaza con non competir mañá, mentres que Enric Mas acariñou os postos de cabeza e rematou cuarto.

Mañá, o desenlace antes da chegada á Praza do Obradoiro.

Noticias web

04/09/2021