CRTVG

Buscar

Clausurado no Tomiño o proxecto 21 días co galego e máis

Publicado o 04/02/2019 20:51

Din os expertos que 21 días é o que tardamos en facernos cun hábito. E con esa idea a Secretaría xeral de Política Lingüística lanzou un desfío en 4 institutos da nosa comunidade. 21 xornadas falando galego, afondando na nosa cultura e sentindo orgullo da nosa identidade. Trátase de manter o galego como lingua habital tamén entre os máis novos, e que non a abandonen ao chegar aos institutos.

Tras o éxito da experiencia deste ano, o curso vindeiro o proxecto estenderase a outros centros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2019