CRTVG

Buscar

Claudio Beauvue: "Quedei na Coruña porque quero axudar o Deportivo"

Publicado o 16/09/2020 16:55
O xogador do Deportivo Claudio Beauvue reincorporouse ao equipo despois de finalizar o seu contrato co descenso a Segunda B porque quere devolver ao club ao fútbol profesional e porque, aos seus 32 anos, valora "outras cousas" por riba do diñeiro ou a categoría futbolística, explicou na súa presentación.
"Non asinei polo Deportivo para estar ben deportivamente, entre aspas, porque podía estar noutros clubs, en Primeira división noutro país, a outro nivel, pero quixen quedarme porque é moi duro tamén pola xente que traballa ao redor do club e que xa non traballa para nós", indicou nunha conferencia de prensa telemática.
 
Beauvue regresou ao Deportivo despois de aceptar unha rebaixa salarial polo descenso a Segunda B respecto ao que tiña estipulado no seu contrato se o equipo seguise no fútbol profesional.

 

Noticias web

16/09/2020