CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Clases de vela para nenos no campamento de verán do Club Marítimo de Oza

Publicado o 07/08/2018 15:00

Aos máis pequenos da casa sempre lles gusta asistir a actividades ao aire libre nas vacacións de verán. Se o que lles gusta é o mar apunten unha boa opción para que poidan gozalo: un campamento de vela.

Estes rapaces de entre 6 e 16 anos asisten polas mañás ao campamento de verán do Club Marítimo de Oza, onde lles imparten clases de vela.

Nas clases, os nenos asisten a pequenas clases teóricas e despois saen navegar.

Os cursos impártense durante todo o verán e, coidado, porque parece ser que son aditivos.

Quen sabe se nos encontramos ao lado dalgunha que outra pequena promesa do mundo da vela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí