CRTVG

Buscar

Clases de música e baile tradicional en liña a través de 'Aula Galicia Aberta'

Publicado o 24/04/2020 20:59

Cursos e clases desde a Galicia confinada para o mundo confinado. A ventá dixital viaxa polo mundo cos puntos, as notas e as voces do folclore galego. Catro disciplinas, gaita, canto, percusión e baile tradicional con profesores e alumnos desde un lado e doutro do planeta.

Na Arxentina, xa hai a quen lle tarda. 'Aula Galicia Aberta' está aberta para todos pero, sobre todo, abre a porta a comunidades de galegos no exterior que, non por ser terceiras ou mesmo cuartas xeracións, perderon o interese pola nosa cultura.
Unha cultura que para moitos deles forma parte do seu ADN, pero para quen non, a aula aberta, convida a todos a descubrila.


 

Noticias web

24/04/2020