CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Clases de galego nun colexio de Bos Aires

Publicado o 05/12/2015 14:45

Na Arxentina, entidades como o Instituto galego Santiago Apóstol levan a cultura, e sobre todo o idioma galego alén da propia colectividade para que rapaces de orixe latinoamericana, ou incluso asiática, acaden ata un nivel Celga 3 na nosa lingua.

Sofía, Alumna do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires:
"Eu chámome Sofía Vilela e teño 13 anos".

Coma ela, o 80% dos alumnos do Instituto galego-arxentino Santiago Apóstol de Bos Aires son descendentes de galegos emigrados.

Sofía, Alumna do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires
"Meus pais querían que aprendera a cultura dos meus avós".

Pero hai centos de familias de orixe asiática ou latinoamericana que apostan polo proxecto educativo bicultural do centro.

Lourdes, Alumna do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires:
"Xogamos ó aforcado en galego, tamén a descubrir persoas".

Agustín, Alumno do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires:
"O que máis me gusta de todo son as lendas, as historias, as festas, o Samahín".

O colexio leva 17 anos espallando a cultura de Rosalía alén do mar.

Marta Villar, Profesora de galego no Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires
"Teñen moita iniciativa de escribir pequenas obriñas de teatro, de expor traballos relacionados coa cultura galega onde tamén utilizan a gramática, o vocabulario, a ortografía de Galicia".

Superada a secundaria, os alumnos reciben o Celga 3, para acreditar a destreza que teñen co idioma.

No afán de achegar Galicia ás novas xeneracións de galegos no exterior, polas aulas deste colexio Santiago Apóstol de Bos Aires pasan a miúdo figuras relevantes da cultura e política galega,como o gaiteiro Carlos Núñez, a eurodiputada Ana Miranda ou o escritor Manolo Rivas, entre outros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí