A Revista Fin de Semana
Clases de arte ao aire libre invaden Cangas
Publicado o 25/08/2018 13:05
Non sempre se ten a sorte de gozar dunha clase de arte ao aire libre, pero os alumnos do taller de Toni Casaus poden presumir de facelo. Os asistentes, de todas as idades, buscan nestas clases de paisaxismo sacar o artista que cada un leva dentro. E ata Cangas nos fomos nós tamén, para experimentar de primeira man unha desas xornadas artísticas.