CRTVG

Buscar

Clarence Seedorf: "Hai que traballar a parte emocional e psicolóxica"

Publicado o 06/02/2018 09:50

O novo adestrador, que asina polo que resta de temporada, aterraba a media tarde na cidade.

Había moita expectación en Alvedro á súa chegada. As primeiras horas de Seedorf na Coruña foron frenéticas. Do aeroporto pasou practicamente á sala de prensa en Riazor, onde foi presentado oficialmente. Seedorf porase mans á obra mañá cando dirixirá o seu primeiro adestramento. Ten por diante sete días de traballo, ata o próximo compromiso do conxunto na liga: a visita a Riazor do Betis de Quique Setién. 

Ten corenta e un anos. Experiencia como xogador un mundo: 3 Champións con distintos equipos. Pero a experiencia como adestrador é mínima: 22 partidos co Milán en Italia e 14 nun club da segunda división da China. Non conseguiu os obxectivos marcados. Nin clasificou o Milan para Europa nin ascendeu o Shenzhen á superliga chinesa. 

Di no seu manual de adestrador que non só se trata de gañar, senón como se gaña. 
Idea número un de Seedorf. Quere equipos que vaian polo partido. 

Idea número dous de Seedorf. Quere equipos valentes e moi ofensivos no ataque.
Quere gol. Pero atoparase na Coruña cun equipo en situación crítica: en descenso, dos menos goleadores da liga e o máis goleado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2018