CRTVG

Buscar

Clara vitoria de España: o acerto exterior acaba coa resistencia norteafricana

Publicado o 31/08/2019 20:33

Un parcial de sete a cero de saída relaxou en exceso a España ante Tunisia. Os norteafricanos, liderados Salah Mejri, foron pouco a pouco facéndose co partido, ata o punto de dominar o primeiro cuarto por 16-17.

Unha vantaxe que aumentou aos dez puntos durante o segundo cuarto grazas aos once puntos do ex obradoirista que igual anotaba, que asistía aos compañeiros.

Foi entón cando entrou na escea Sergio Llull para, xunto con Ricky Rubio darlle a volta ao marcador coas súas triplas, para chegar ao descanso con tres puntos a favor, 42-39.

O terceiro cuarto acabou por resultar definitivo. O acerto no lanzamento exterior, con máis dun 50 por cento de acerto nas triplas, e 45 puntos do triángulo Ricky, Llull e Pau Ribas axudaron á selección a despegarse no marcador cun parcial de 27-8.

As diferenzas foron en aumento no último cuarto onde España anotou 29 puntos, completando unha segunda metade espectacular en ataque cun parcial de 56-23 que a levou ata o 101-62 final. Unha vitoria o vindeiro luns ante Porto Rico daríalle o pase á segunda rolda.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019