CRTVG

Buscar

Ciudados e Vox recoñecen unha toma de contacto "sen acordos" en Madrid

Publicado o 10/06/2019 14:52

Na negociación da Comunidade de Madrid, Ciudadanos e Vox recoñecen unha primeira toma de contacto. Non hai detalles do encontro que onte mantiveron os seus candidatos á presidencia madrileña, Ignacio Aguado e Rocío Monasterio, pero os dous partidos coinciden en que foi un encontro informal que rematou sen acordos. 

Mañá remata o prazo o para conformar a Mesa da Asemblea de Madrid, e Ciudadanos quere presidila, pero para iso precisa os doce deputados da formación de Abascal. Dende Vox insisten en que debe haber un acordo previo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019