CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Ciudadanos sería a primeira forza en intención de voto con vistas a unhas eleccións xerais

Publicado o 12/01/2018 14:40

Segundo unha enquisa que hoxe publica o xornal 'El País', Ciudadanos sería nestes momentos a primeira forza en intención de voto con vistas a unhas eleccións xerais.

Impulsada polo seu resultado nas autonómicas do mes pasado en Cataluña, a formación que encabeza Albert Rivera superaría o PP e o PSOE e apañaría o 27,1 por cento dos sufraxios, dous puntos máis que os populares e seis máis que os socialistas. Na sondaxe de Metroscopia para o diario madrileño, realizada a partir de 1.300 chamadas telefónicas, Podemos sería a cuarta forza co 15 por cento dos votos, a doce puntos de Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí