CRTVG

Buscar

Ciudadanos renova a executiva para evitar unha desbandada ao PP

Publicado o 16/03/2021 08:19

Movementos en Ciudadanos. Inés Arrimadas renovou a cúpula do partido, á que sumou líderes territoriais como Villacís ou Aguado. Tras a reunión da executiva, producíase a primeira baixa, a de Toni Cantó, que entregará a súa acta de deputado nas cortes valencianas. Na formación laranxa sospeitan que esta marcha se enmarca na operación do PP para captar membros de Ciudadanos descontentos. 

Foi unha reunión da Executiva nacional longa, de máis de cinco horas, e tensa, precedida polas críticas dalgúns baróns territoriais ao liderado de Inés Arrimadas e os últimos fracasos. Lonxe de que esta dese un paso ao lado, a formación laranxa pechou filas arredor da presidenta.
Juan Marín, canda Ignacio Aguado e Begoña Villacís, formarán parte a partir de agora da nova executiva permanente. A vicealcaldesa de Madrid facía autocrítica.

Unha das decisións adoptadas na Executiva foi apartar dous dos vicesecretarios, Carlos Cuadrado e José María Espejo, a quen moitos responsabilizan da moción en Murcia, inda que seguirán no Comité Permanente. Un dos máis críticos con esa moción fora o ata onte voceiro de Ciudadanos nas cortes valencianas, Toni Cantó, quen marchaba da reunión tras anunciar que abandonada o partido e a política. Cantó pediu a dimisión da cúpula da dirección e tamén pediu ir en coalición co PP en Madrid. Para Edmundo Bal, esta marcha confirma as súas sospeitas.

Nesa liña, Inés Arrimadas enmarcaba a crise do partido dentro dunha operación na súa contra. A líder de Ciudadanos insistiu en non dar por morta a formación laranxa.

Noticias web

16/03/2021