CRTVG

Buscar

Ciudadanos queda sen representación en Galicia

Publicado o 11/11/2019 15:41

En Galicia, Ciudadanos non foi alleo á desfeita que sufriu a nivel nacional. Perderon as dúas deputadas que tiñan no Congreso, unha por Pontevedra e outra pola Coruña. E deixaron dúas terceiras partes do número de votos.

O secretario de Organización da formación laranxa en Galicia, Laureano Bermejo, asegurou que van traballar duro para que os 63.000 galegos que os votaron teñan a representación que merecen.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019