CRTVG

Buscar

Ciudadanos presentará unha moción de censura contra Torra pola súa presunta vinculación cos CDR detidos

Publicado o 30/09/2019 14:58

A un clima enrarecido pola inminente sentenza do procés, a chamada á desobediencia aprobada polo Parlamento catalán, e o encarceramento de sete membros dos CDR súmanse agora os detalles destes autos de prisión. O xuíz apunta que o CNI catalán lles encargara a estes comités o asalto ao Parlament en caso de sentenza condenatoria, e vincula directamente a Torra cos detidos. O PP, que hoxe reúne en Barcelona a súa cúpula, pide que se aplique en Cataluña a Lei de seguridade nacional, e Ciudadanos vai presentar unha moción de censura para a que non lle dan os números.

Na presentación da campaña socialista, o presidente en funcións volvía esixirlles aos independentistas que se posicionen contra a violencia.

Esta nova escalada de tensión na véspera do segundo aniversario do referendo ilegal. Interior despregou 200 antidisturbios para protexer edificios do Estado, pero a seguridade cidadá queda en mans dos Mossos, con quen a coordinación está a ser excelente, segundo o Ministerio. O seu obxectivo é que non se repitan as imaxes do ano pasado, con cargas ante o Parlament e forcexos entre Mossos e CDR, aos que horas antes Torra lles pedira que apertaran.

Noticias web

30/09/2019