CRTVG

Buscar

Ciudadanos pídelle a Sánchez que peche xa un acordo de goberno cos seus socios e se poña a traballar

Publicado o 14/07/2019 14:34

A senadora e portavoz de Ciudadanos no Parlamento catalán Lorena Roldán acusou a Pedro Sánchez de estar facendo das conversas para a súa investidura un "teatriño" con Pablo Iglesias. Ciudadanos pídelle a Sánchez que peche xa un acordo de goberno con Podemos como o que xa teñen en concellos e comunidades autónomas.

Dixo Roldán:  "Sempre o señor Sánchez, vímolo estes últimos meses, que cada vez que ten a oportunidade elixe os populistas e os nacionalistas para formar goberno. Esa suma tena tamén no Goberno de España e o que ten que facer dunha vez por todas é poñerse a traballar, poñer en marcha o Congreso, poñer en marcha a lexislatura, para que nós poidamos facer aquilo que nos encargaron os cidadáns, que non é outra cousa que facer oposición".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019