CRTVG

Buscar

Ciudadanos pide todas as cautelas para garantir a saúde pública durante o proceso electoral

Publicado o 18/05/2020 15:27

En Ciudadanos, formación sen representación no Parlamento galego, entenden que é difícil fixar unha data. A súa voceira en Galicia insta a extremar a cautela en todo o proceso electoral.

Beatriz Pino, Ciudadanos: "Que traballen con absoluta prioridade en garantir e asegurar que a saúde dos galegos non vai correr ningún tipo de risco nesa convocatoria a voto".

Noticias web

18/05/2020