Cs pide a Sánchez unha reunión a tres co PP para formar un "Goberno moderado"
Publicado o 02/12/2019 13:33
A portavoz de Ciudadanos no Congreso, Inés Arrimadas, pediu por carta ao líder socialista, Pedro Sánchez, unha reunión a tres, tamén co presidente do PP, Pablo Casado, "para facer historia" e poñer en marcha un acordo parlamentario moderado e constitucionalista.
"Quero propoñer unha maioría de 221 escanos moderados e constitucionalistas" para chegar a un acordo que permita poñer en marcha un Goberno que deixe fóra a populistas, nacionalistas e separatistas, expuxo nunha rolda de prensa no Congreso.