Ciudadanos pide a dimisión de Grande-Marlaska polo boicot no Orgullo, e o Goberno defende o Ministro do Interior
Publicado o 08/07/2019 15:00
Ciudadanos cre que o acoso que sufriron os seus representantes na marcha do Orgullo é responsabilidade do ministro do Interior, que horas antes aludía ás consecuencias de pactar con Vox.
Unha esixencia á que se suman dirixentes do PP e de Vox. O líder de Podemos ve lóxico o enfado do colectivo LGTBi co partido de Rivera.
E dende o Goberno rexeitan o acoso sufrido por Ciudadanos, e cren que nada tén que ver coas declaracións de Grande-Marlaska O ministro do Interior asistiu hoxe co seu homólogo portugués a un acto en Pontevedra, onde non quixo realizar declaracións.