CRTVG

Buscar

Ciudadanos non descarta pactar con Vox malia a oposición do seu socio Manuel Valls

Publicado o 06/12/2018 09:09

Ciudadanos decide negociar co Partido Popular o Goberno de Andalucía sen excluír a Vox. Manuel Valls, o candidato que apoia Ciudadanos á alcaldía de Barcelona, discrepa. Di que non pode haber ningún pacto con Vox e que o sensato sería un acordo entre os partidos constitucionalistas.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Con cinco partidos políticos no arco parlamentario e cun cambio a executar sería unha responsabilidade, ao meu xuízo, descartar todos os escenarios que hai enriba da mesa"

Manuel Valls, candidato á alcaldía de Barcelona: "Non pode haber pactos con Vox en Andalucía e non pode haber compromiso tampouco cos independentistas cataláns. A única solución a eses retos, a esa dificultade, a esa situación grave, é o centro moderado".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018