CRTVG

Buscar

Cs non convence o PP para unha coalición en Galicia

Publicado o 18/02/2020 19:17

A portavoz de Cs, Inés Arrimadas, confirmou tras reunirse co líder do PP, Pablo Casado, no Congreso, que o Partido Popular mantén a súa negativa para concorrer en coalición ás eleccións galegas co partido laranxa e recoñeceu que segue o "escollo" en Galicia. 

A dous días de que acabe o prazo para rexistrar as coalicións para as eleccións galegas do 5 de abril, Arrimadas dixo nunha comparecencia no Congreso que non tira a toalla e que chamará persoalmente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, para tentar ata o derradeiro minuto que saia adiante a coalición. É a primeira reunión que mantiveron Arrimadas e Pablo Casado para tratar a posibilidade de concorreren cunha candidatura de coalición nas tres comunidades que celebran eleccións este ano.

O PP insiste en diferenzar Galicia e Euskadi

O secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, insistiu en que "o problema non é o mesmo" en Galicia e en Euskadi, polo que hai que mirar cal é a "fórmula adecuada" en cada territorio para unir forzas con Cs. Mostrou desta maneira que a postura do seu partido segue inamovible sobre non ir en coalición en Galicia, que é o que reclama Cs.

"Ata o 1 de marzo temos todas as vías abertas", explicou García Egea en referencia á data límite para presentar as listas, para que naquel territorio onde a fórmula elixida non sexa a coalición, cuxo prazo de presentación finaliza esta semana, poidan seguir negociando.

 

Noticias web

18/02/2020