CRTVG

Buscar

Ciudadanos ficha a Edmundo Bal, avogado do Estado cesado polo goberno socialista

Publicado o 17/03/2019 15:23

Ciudadanos segue completando as súas listas electorais para as eleccións do 28 de abril, con novas fichaxes. Nun encontro cidadán, en Majadahonda, o presidente do partido, Albert Rivera, anunciou a incorporación ao seu proxecto do avogado do Estado, Edmundo Bal, apartado da causa do "procés" pola perda de confianza do Goberno, para ocupar o cuarto posto na lista por Madrid. Rivera, aproveitou a súa intervención para criticar o silencio do Presidente Sánchez, tras a manifestación do independentismo catalán, onte en Madrid.

Albert Rivera . Presidente de Ciudadanos:"Non vale o silencio, señor Sánchez,cando uns señores que son os teus socios montan manifestacións para decir que isto é unha dictadura, o presidente da nación ten que saír e ten que dar a cara, e dicir " non vos equivoquedes, isto é unha democracia e tedes cabida nesta democracia sempre que respetedes a propia democracia ,pero se non respetades a propia democracia, aplicaremos as leis e a Constitución"

Noticias web

17/03/2019