CRTVG

Buscar

Ciudadanos esíxelle ao Goberno que tome medidas para frear os efectos dos aranceis de Trump

Publicado o 08/10/2019 22:07

A candidata de Ciudadanos por Pontevedra, Beatriz Pino, pide medidas explícitas por parte do Goberno de España para facer fronte os efectos dos novos aranceis previstos polos Estados Unidos en sectores estratéxicos a nvel nacional e tamén en Galicia. Nas últimas horas visitou as Adegas Martín Códax, en Cambados.

Beatriz Pino afirma que é necesario que se informe das medidas concretas para acabar coa incerteza, e dar tranquilidade a sectores fundamentais, como o do viño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019