CRTVG

Buscar

Ciudadanos e PNV apoiarán no Congreso o decreto da nova normalidade

Publicado o 23/06/2020 08:38

Ciudadanos e PNV apoiarán no Congreso o decreto da nova normalidade aprobado polo Goberno no Consello de Ministros. Sánchez logrará así sacar adiante o texto, que aborda cuestións como o uso obrigatorio das máscaras e fixa en metro e medio a distancia de seguridade. Esquerra Republicana desmarcouse do decreto e votará en contra. Alegan que as medidas non foron negociadas con eles.

Noticias web

23/06/2020