CRTVG

Buscar

Ciudadanos di que non negociará gobernos con Vox, Podemos ou independentistas

Publicado o 04/06/2019 08:28

Reunión en Ciudadanos para fixar a súa política de pactos. Reafirman o PP como socio preferente, pero ábrense a negociar co PSOE nalgúns casos. Non negociarán gobernos que inclúan a Vox, Podemos ou os nacionalistas.

En Vox advírtenlles que queren estar nas negociacións. E dan un toque de atención dende Andalucía, onde acaban de anunciar unha emenda á totalidade do proxecto de presupostos presentado polo PP e Ciudadanos.

Os populares, que esta mañá reuniron os seus presidentes provinciais, piden un esforzo tanto a Vox como a Ciudadanos e hoxe mesmo van contactar con eles para propoñerlles unha mesa de negociación entre os tres.

Está en xogo o goberno de 25 grandes concellos e catro comunidades.

Noticias web

04/06/2019