CRTVG

Buscar

Ciudadanos di que nestes cen días Sánchez só deu un paso adiante e outro atrás

Publicado o 09/09/2018 14:50

Ciudadanos sostén que os socialistas teñen pouco que dicir dos seus primeiros cen días de goberno porque só estiveron dando un paso adiante e outro atrás.
Segundo Begoña Villacís, é o que pasa cando se teñen socios máis interesados en debilitar o goberno que en apoialo.

"Non hai que esquecer que os socios do señor Sánchez son os independentistas e os populistas. É a razón pola que temos unha economía podemizada, a razón polo que se empeza a falar de subir os impostos á clase media e traballadora, a razón pola que España volve presentar índices de desaceleración económica. Porque o único que deu este goberno en cen días é incerteza aos cidadáns e ao resto do mundo", asegurou a representante de Ciudadanos Begoña Villacís.

Noticias web

09/09/2018